OBRADOIRO- Sofia Vázquez

OBRADOIRO DE ZENTANGLE®

O pasado 6 de marzo, a propósito do Día Internacional da Muller, en A Casa Rodante ofreceuse un Obradoiro de Zentangle®.

Da man de SOFÍA VÁZQUEZ, mestra e divulgadora desta disciplina artística que consiste na creación de obras mediante a repetición de patróns de trazos sinxelos e que axuda á concentración, pois contribúe a reducir o estrés, dado o seu carácter terapéutico.

Durante a sesión, creáronse algunhas pezas de Zentangle® inspiradas na obra art decó de Tamara Lempicka, como homenaxe a tódalas mulleres fortes, valentes e visionarias da historia.

Esta actividade tivo unha duración de 3 horas, que transcorreron dunha forma moi amena -como podes comprobar nas fotos a continuación- e nas que rentabilizamos moi ben os 25€ que custaba por persoa.

Deja una respuesta