OBRADOIRO -ENCADERNACIÓN BELGA-
O vindeiro sábado, 22/03/2025, a encadernadora Mónica Portela de Tocamadera Galega, ofrece un obradoiro de balde no noso Espazo Rodante.
Neste taller imos facer un caderno con encadernación Belga, un tipo de cosido que ten a súa orixe nos anos 80, creado por Anne Goy, artista visual e encadernadora; este sistema desenvolveuse coa idea de que o libro se abrise completamente máis respectando o aspecto da encadernación xaponesa (cosido vista sobre o lombo)
Practicaremos esta encadernación de fácil execución en dúas fases: construíndo e cosendo primeiro as cubertas en madeira recuperada, personalizándoas, para engadir e suxeitar despois os papéis a elas.
Esta actividade é de balde e non se precisan coñecementos previos.
AFORO COMPLETO

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.