OBRADOIRO -FELTRO AGULLADO-

O día 14/02/2025, Anahí Cachaza de Liño e lá, ofreceu un obradoiro no noso Espazo Rodante, no que nos explicou o proceso de produción de obxectos de lá feltrada. Os materiais empregados foron lás de cores -que ela mesma tingue con tintes naturais e prepara no seu taller en Gondomar- e unhas agullas especiais para facer feltro. Aparentemente podería parecer unha técnica sinxela, pero require de moita paciencia, unha boa previsión e ter ben marcados os obxectivos, xa que unha vez que a lá se feltra, é case imposible facela volver á súa forma orixinal. Todo un reto que asumimos con gusto as asistentes e que esperamos poder seguir poñendo en práctica nas nosas casas!

Deja una respuesta