OBRADOIRO INICIACIÓN «LETTERING»

Os sábados 13 e 20 de abril, entre as 11:00 e as 13:30 horas, no Espazo Rodante (Local 7 da planta baixa, Centro Comercial A Laxe-Vigo), terá lugar un obradoiro de iniciación ao Lettering.

Nel aprenderemos, da man de Ela Nahir, cal é a diferenza entre caligrafia e lettering e iniciaremos o noso propio proxecto artístico.

Esta actividade ten un custe de 35 € por persoa que inclúen:

– 3 horas de formacións

– Tódolos materiais necesarios para realizar a actividade.

-Os utensilios que poderás levar para iniciar os teus propios proxecto na casa.

Se queres inscribirte, podes facelo no SEGUINTE ENLACE.

O aforo é de 8 persoas, a partir de 12 anos.

Deja una respuesta