OBRADOIRO -DÚO DE CERÁMICA-
A ceramista MARÍA VEIGAS, do obradoiro ArtcoÍris, vai ofrecer un OBRADOIRO DE «XOIARÍA CERÁMICA», no noso Espazo Rodante (local nº 7, planta baixa do C.Comercial A Laxe).
O vindeiro venres, 13/03/2026 entre as 18:30 e as 20:30 horas, poderás participar nunha actividade na que aprenderemos a pintar motivos sinxelos en negativo, sobre pezas de cerámica. Crearemos un CONXUNTO DE BROCHE E ANEL cerámicos, previamente preparados pola artesá. Os materiais están incluídos, e non é preciso ter coñecementos previos, unicamente aprender e practicar a paciencia, pois ao remate da sesión, María levará as nosas pezas para fornear. Poderás recollelas rematadas no Espazo Rodante, pasada aproximadamente unha semana.
Que che parece a idea, interesante, verdade?

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.