PROGRAMACIÓN ESPECIAL -DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA-
Con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía -unhas xornadas promovidas pola Escola de Organización Industrial (EOI), a través de Fundesarte, xunto coa Organización de Artesáns de España «Oficio y Arte»- a nosa marca ofrece unha programación especial de actividades. E que terán lugar o vindeiro mes de abril, dende o martes, 07, ata o domingo,12.
Durante unha semana, poderás:
- Asistir a VISITAS GUIADAS polos nosos TALLERES, que estarán ABERTOS ao público, para que veñades coñecer as nosas instalacións e ás Creadoras detrás de «A Casa Rodante». Cando e onde? O martes, 07/04/2026, en APAMP, na rúa Miguel Hernández, ou o mércores, 08/04/2026, en APAMP – Navia, na rúa Pedra Seixa.
- Aprender a técnica de GRAVADO CON METACRILATO, o mércores 08/04/2026 a partir das 16:00 horas.
- Realizar unha peza de CESTERÍA DE LÁMINA, o xoves, 09/04/2026, pola mañá.
- Introducirte no apaixonante mundo da ENCADERNACIÓN, o xoves pola tarde.
- Compartir connosco os trucos da ELABORACIÓN DE PAPEL ARTESÁN, o venres 10/04/2026, pola mañá.
- Seguir medrando xunto á nosa Comunidade Rodante, na PRESENTACIÓN dos libros e programa formativo de «Huertas Vertebrales».
Tódalas actividades son de balde, pero ten en conta que os aforos son limitados e que para poder asistir é preciso cubrir correctamente os FORMULARIOS DE INSCRICIÓN QUE ATOPARÁS NA PÁXINA OFICIAL DOS «DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA».
O obxectivo que perseguimos sumándonos a esta iniciativa é o de achegar o noso traballo e o fermoso mundo da artesanía, ao maior número de persoas, para compartir con todas elas os nosos intereses, saberes e filosofía de traballo.
De seguro que hai algunha actividade ou máis dunha, que che parece interesante. Non o dubides e apúntate!

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.