ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS
Este libro entusiasta e optimista foi elaborado integramente no noso taller artístico, tanto as ilustracións como o fío narrativo e textos. Decidimos darlle vida a unha personaxe coa que se identificaban e que se transmitise todo aquelo que sentían e como se vían ante a sociedade, é dicir, querían crear unha personaxe con moita vitalidade e forza, capaz de conseguir todo aquelo que se propuxesen e cuxo obxectivo diario fose a superación persoal. E desta forma naceu Elisa, unha muller con parálise cerebral que decide percorrer o mundo na súa casa rodante, para vivir novas aventuras e axudar a xente, que como ela, se sinte diferente.
Este conto que se crea para compartir coas alumnas da Escola Alfonso Rodríguez Castelao de Vigo, ve a luz co apoio da editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra en marzo de 2017.