Aracne
Esta intervención é unha gran rede física e metafórica. Partindo do feito de que o traballo en rede é unha forma de facer as cousas, que supón tecer relacións, aprendizaxes, complicidades, avanzando de nó en nó ata ter construído unha obra común.
Non se trata de facer redes para lanzalas e pescar, senón de convocar a participar no proceso de construción da nosa rede, na que cada persoa aporta a técnica que lle é propia e sobre o que máis sabe.
Contamos coa participación de nenos e nenas da cidade, veciñas e veciños de diferentes barrios, persoas maiores, artistas, artesás e artesáns, colectivos sociais e toda aquela persoa que quixo participar nesta obra colectiva. Cada participante elaborou o seu tecido empregando distintos materiais, ferramentas e técnicas para construír a rede. O mesmo día da intervención en xuño de 2019, coséronse todas estas para crear Aracne*
*Aracne: Personaxe mitolóxico da cultura Grega, coñecida por presumir de ser máis habilidosa que Atenea, deusa da artesanía e a sabiduría. Na súa competición, Aracne ofendeu á deusa e esta se converteu en araña.