Mural Cerámico

Mural cerámico realizado no ano 2018 como resultado dunha intervención artística urbana na cidade de Vigo. A acción tivo lugar no Paseo de Alfonso, sendo unha peza participativa para a cal se partiu do soporte cerámico en estado fresco para ser traballado durante unha xornada.

O mural está realizado en barro, cunhas dimensións de 0,90×4,4 metros dividido en 87 placas, e acabado con engobes de cores e esmalte transparente. Actualmente se atopa localizado nunha medianeira da rúa Miguel Hernández.

Category:
Date: